Xirafa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giraffa tippelskirchi en Tanzania | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Giraffa camelopardalis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Mapa de distribución da xirafa dividido por especie e subespecie.
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Especies
|
A xirafa[2] (Giraffa) é un xénero de mamíferos artiodáctilos propio de África, o animal terrestre vivo máis alto e o maior ruminante. O xénero comprende varias especies, incluíndo a Giraffa camelopardalis que é a especie tipo. Sete destas especies están extintas. O xénero considerábase unha soa especie con numerosas subespecies, pero tras investigacións do seu ADN pasou a facerse unha clasificación de catro especies dentro do xénero Giraffa: Giraffa giraffa (xirafa do sur), Giraffa tippelskirchi (xirafa masai), Giraffa reticulata (xirafa reticulada) e Giraffa camelopardalis (xirafa do norte). As características principais deste xénero son o seu longo pescozo e patas, dúas protuberancias na cabeza e as marcas distintivas na pelaxe,[3] e cada unha das catro especies distínguese segundo os padróns destas marcas ademais de pola súa xenética. O xénero clasifícase dentro da familia Giraffidae xunto ao seu parente máis próximo, o ocapi.[4]
A área de distribución da xirafa esténdese dende o Chad ao norte ata Suráfrica no sur, e desde o Níxer no oeste ata Somalia no leste, e comprende hábitats de sabanas, sabanas arboradas e bosques abertos. A súa fonte primaria de comida son as follas de acacia, árbores que crecen ata alturas ás que a maioría dos outros herbívoros non poden chegar.[5] O principal predador da xirafa é o león, aínda que as crías son tamén cazadas por leopardos, hienas e licaóns.[6] Os espécimes adultos non posúen lazos sociais fortes, malia que poden asociarse en conxuntos dispersos cando se atopan mentres se desprazan nunha mesma dirección. Os machos establecen unha xerarquía social pelexándose entre eles usando o pescozo como arma, na que os machos dominantes son os que teñen acceso ás femias, que son as que se encargan de coidar das crías.[7]
A xirafa foi un animal destacado para varias culturas antigas e modernas pola súa particular aparencia, e é habitual a súa aparición en pinturas, libros e debuxos. Está clasificada pola IUCN como vulnerable, xa que a súa área de distribución orixinal se foi reducindo considerablemente dende os primeiros estudos da especie, e algunhas das subespecies foron clasificadas pola IUCN como ameazadas en perigo de extinción[7].[8][9] Segundo a IUCN o número de individuos desta especie reducíuse entre un 36% e un 40% dende o ano 1985 ata chegar a uns 95 700 individuos vivos en liberdade na natureza no ano 2015.[10]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome anatomy66
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Mitchell20003
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome estes
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Prothero 2003
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome sim1996