Xiu Xiu | |
---|---|
![]() | |
Orixe | San Jose, California, ![]() |
Período | 2002 - presente |
Xénero(s) | art rock, rock experimental, noise pop, música experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Polyvinyl Records, Upset The Rhythm, Bella Union, 5 Rue Christine, Absolutely Kosher, Free Porcupine Society, Kill Rock Stars |
Membros | Jamie Stewart Angela Seo Shayna Dunkelman David Kendrick |
Antigos membros | Caralee McElroy Cory McCulloch Lauren Andrews Yvonne Chen Jherek Bischoff Ches Smith Greg Saunier Devin Hoff Shayna Dunkelman |
Na rede | |
http://www.xiuxiu.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xiu Xiu é unha banda experimental estadounidense procedente de San Jose, California. O grupo formouo no ano 2002 o cantautor Jamie Stewart, que vén sendo o seu único membro constante dende a súa incepción. No presente a banda está completada por Angela Seo e David Kendrick.
O seu nome vén da película Xiu Xiu: The Sent Down Girl, que segundo Stewart influenciou o son do grupo. A banda compuxo as súas primeiras cancións para igualar o espírito de "realidade podre" da película, "que ás veces resolve a vida co peor escenario posible".[1] Stewart dixo que o tema de Tracy Chapman "Fast Car", que Xiu Xiu versionou no seu segundo álbum A Promise, tiña unha temática semellante.[1]
Posteriormente engadiu que a banda era un produto das radios piratas de San Jose que poñían música house, hi-NRG, freestyle e techno, que Stewart consideraba pouco pretenciosas, chas, claras e baseadas en música para bailar afastada da tristeza. Dixo que escribira a súa primeira canción de Xiu Xiu despois de deixar un club de San Jose só nunha noite de Nadal: "Xiu Xiu chegou dun sentimento estúpido e da soidade e entón quería bailar toda a noite, pero o club e a súa música só magnificaban ese estúpido e solitario sentimento".[2] No tempo de A Promise, o seu segundo álbum, Stewart dixo estar influenciado por gamelán e música tradicional xaponesa e coreana, e estivera escoitando música clásica contemporánea e "música dance gay".[1]
En 2003 Stewart dixo a Pitchfork que os vivos da banda eran totalmente diferentes ao material gravado. Dixo que isto se debía en gran parte ás limitacións técnicas para ser capaz de reproducir o xeito no que se gravou. Nos seus concertos o grupo incrementa a intensidade das súas partes roqueiras con máis volume, aínda que Stewart dixo que o seu repertorio está formado por material metade intenso e metade tranquilo.[1]