![]() ![]() | |
Nome orixinal | (gl) Xoana de Trastámara ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de febreiro de 1462 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 12 de abril de 1530 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Raíña de Portugal | |
Pretendente á Coroa de Castela | |
![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | La Beltraneja ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monxa ![]() |
Orde relixiosa | Orde de Santa Clara ![]() |
Outro | |
Título | Princesa de Asturias Raíña de Portugal ![]() |
Familia | Casa de Trastámara ![]() |
Cónxuxe | Afonso V de Portugal ![]() |
Pais | Henrique IV de Castela Beltrán de la Cueva (disputado) ![]() ![]() |
![]() |
A infanta Xoana de Castela, tamén coñecida coma Xoana a Beltranexa, Xoana de Trastámara ou Xoana, a Excelente Señora, nada en Madrid o 28 de febreiro de 1462 e finada en Lisboa en 1530[1], foi unha infanta castelá, raíña proclamada de Castela e de León e raíña consorte de Portugal. Destituída do seu rango, tivo que renunciar por tratado a todos os seus títulos e señoríos, ata á súa calidade de infanta castelá e de alteza, tralo cal foi chamada oficialmente, por real decreto portugués, «a Excelente Senhora» ata o final da súa longa vida no exilio de Portugal. Foi a única filla e herdeira de Henrique IV e da súa segunda esposa a raíña Xoana de Portugal, filla de Duarte I de Portugal.[2] Unha parte da nobreza castelá non a aceptou como filla biolóxica do rei, seu pai, a quen acusou de obrigar á raíña –a súa muller– a ter un fillo co seu favorito, Beltrán de la Cueva, primeiro duque de Alburquerque, malia que ambos xuraran solemnemente que non fora así. Beltrán non se atopaba en lugar necesario para iso nas datas concretas. Había sospeitas sobre a impotencia de Henrique IV, xa que previamente estivera casado coa infanta Branca de Navarra e o matrimonio declarouse nulo porque nunca chegou a consumarse. Ademais, Henrique IV non tivo máis fillos nin coa súa muller nin con ningunha dos seus amantes.