Xuances | |
---|---|
Igrexa parroquial de Xuances. | |
Concello | Xove[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°42′09″N 7°33′13″O / 43.7025, -7.5536111111111 |
Poboación | 334 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Xuances é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 334 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 159 homes e 175 mulleres. O que supón unha diminución de 97 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 431 habitantes (202 homes e 229 mulleres) e 130 menos que en 2000.