Y Gododdin é un poema composto de 99 elexías que celebran os homes do reino de Gododdin que caeron na batalla de Catraeth contra os anglos, ao inicio do século VII. Gododdin era un reino a comezos do século V na Britania nororiental despois do abandono dos romanos. O poema é considerado o exemplo máis antigo da lingua galesa.[Cómpre referencia]