Yeah Yeah Yeahs | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos ![]() |
Período | 2000 - presente |
Xénero(s) | indie rock, art punk, dance punk |
Selo(s) discográfico(s) | Interscope |
Membros | Nick Zinner Brian Chase Karen O |
Na rede | |
YeahYeahYeahs.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os Yeah Yeah Yeahs é unha banda de indie rock e garage punk de Nova York, liderados pola vocalista Karen O. Os outros membros son Brian Chase (batería) e Nick Zinner (guitarra). A súa música é unha mestura de estilos retro con guitarras punk/rock fortes, sons sintéticos, erráticos e estridentes, ós que se une unha voz melancólica. A banda formouse no ano 2000. Todo iniciouse na forma dun dúo folk entre Nick Zinner e Karen O, que posteriormente decidiron tomar un novo camiño máis "eléctrico", inspirándose na escena avant-punk de Ohio. Despois de que o seu anterior batería abandonara a banda, Chase uniuse á formación, que permanece inalterada ata hoxe.