Yes | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 1968-1980 1983-2004 |
Xénero(s) | rock progresivo, rock psicodélico |
Membros | Jon Anderson Chris Squire Steve Howe Rick Wakeman Alan White |
Na rede | |
https://www.yesworld.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Yes foi unha das bandas pioneiras do rock progresivo, formada en 1968. Influídos nos seus inicios por bandas precursoras do rock máis experimental como The Beatles, The Who e The Moody Blues; máis o estilo melódico Everly Brothers; e os multifaceticos Crosby, Stills Nash (and Young). Rapidamente evolucionarían a un estilo propio, caracterizado por complexas e recargadas harmonías, tomando diversos elementos do jazz, da música clásica, xunto coas súas melódicas cancións e un enigmático contido onírico e poético.
Máis duros e menos dramáticos que Genesis e menos electrónicos que os entón psicodélicos Pink Floyd, o rock de Yes marcaría a historia de tales clásicos como "Fragile", "Close To The Edge" e "Tales From Tophographic Oceans". ademais de estar escrita na súa historia a participación de Rick Wakeman e Patrick Moraz en teclados.