Yo soy Betty, la fea | |
---|---|
![]() | |
Formato | Telenovela e comedia |
Desenvolvido por | María del Pilar Fernández Raúl Tinjacá |
Dirixido por | Mario Ribero Ferreira |
Intérpretes | Ana María Orozco Jorge Enrique Abello Natalia Ramírez Lorna Cepeda Luis Mesa Julián Arango Ricardo Vélez Mario Duarte |
Tema de apertura | «Se dice de mí» |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Castelán |
Episodios | 335 |
Produción | |
Localización(s) | Bogotá |
Duración | 42-55 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | RCN Televisión |
Primeiro episodio | 25 de outubro de 1999[1] |
Derradeiro episodio | 8 de maio de 2001 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Yo soy Betty, la fea ou sinxelamente Betty, la fea é unha telenovela colombiana, creada por RCN Televisión e escrita por Fernando Gaitán, gañadora do Guinness Records 2010 como a telenovela máis exitosa de tódolos tempos.[2] Estreouse o 25 de outubro de 1999 e finalizou o 8 de maio de 2001. Está protagonizada por Ana María Orozco e Jorge Enrique Abello, coas participacións antagónicas de Natalia Ramírez, Lorna Paz, Luis Mesa e Julián Arango.
A súa versión orixinal foi emitida en moitos países con grande éxito, incluíndo toda Latinoamérica, con elevados niveis de audiencia. No 2010, entrou ao libro dos Guinness World Records como a telenovela máis exitosa da historia, ó ser emitida en máis de 180 países, ser dobrada a 25 idiomas e ó contar con polo menos unhas 28 adaptacións ó redor do mundo.[2][3][4]