Yuck | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 2009 - 2021 |
Xénero(s) | indie rock, noise rock, shoegaze |
Selo(s) discográfico(s) | Mercury Records, Fat Possum Records, Mamé Records |
Membros | Max Bloom Mariko Doi Jonny Rogoff Ed Hayes |
Antigos membros | Daniel Blumberg |
Artistas relacionados | Cajun Dance Party, Oupa, Parakeet, Hebronix |
Na rede | |
yuckband.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Yuck foi unha banda de indie rock inglesa procedente de Londres e formada no ano 2009. O grupo está composto por Mariko Doi, Jonny Rogoff, Ed Hayesque e Max Bloom, que anteriormente tocou en Cajun Dance Party co que tamén fora membro de Yuck Daniel Blumberg.[1]
O seu álbum de estrea, Yuck, publicouse en febreiro do ano 2011 a través do selo Fat Possum Records no Reino Unido. Moitos críticos ligaron o son da banda co de grupos como Dinosaur Jr, Pavement, My Bloody Valentine e Sonic Youth.[2]
Glow & Behold, tamén lanzado por Fat Possum, apareceu en setembro de 2013 xa sen o cantante e guitarrista Daniel Blumberg. O EP Southern Skies seguiríalle en 2014, e en febreiro de 2016 publicaron o seu derradeiro álbum de estudio, Stranger Things, a través de Mamé Records.