O Z-80 é un microprocesador con arquitectura lóxica de 8 bits, cuxo proxecto foi finalizado o 1976 e neste mesmo ano foi producido pola compañía Zilog. Foi un produto moi ben aceptado polo público nos inicios da computación persoal, período no que serviu na función da UCP dalgunhas familias de ordenadores, como TRS-80 e Sinclair, aínda que o obxectivo principal do proxecto non fose ese tipo de aplicación.[1]
As primeiras unidades foron fabricadas con tecnoloxía NMOS, por canto o proxecto tórnase máis sinxelo; despois foron feitas versións con tecnoloxía CMOS. Unha peculiaridade do microprocesador é que posúe un conxunto de instrucións compatibles en modo binario co Intel 8080, o que posibilitaba que programas en código máquina fosen executados case que nativamente, como o sistema operativo CP/M.[2][3]